Ley de Integración Social del Minusválido






descargar 121.12 Kb.
títuloLey de Integración Social del Minusválido
página3/3
fecha de publicación30.05.2015
tamaño121.12 Kb.
tipoDocumentos
h.exam-10.com > Ley > Documentos
1   2   3

Real Decreto 1892/2008, de 14 de noviembre, por el que se regulan las condiciones para el acceso a las enseñanzas universitarias oficiales de grado y los procedimientos de admisión a las universidades públicas españolas.

Artículo 19. Estudiantes que presentan algún tipo de discapacidad.

1. Las comisiones organizadoras, de acuerdo con la regulación específica de la prueba de acceso que establezcan las Administraciones educativas en cada comunidad autónoma, determinarán las medidas oportunas que garanticen que los estudiantes que presenten algún tipo de discapacidad puedan realizar, tanto la fase general como la específica en las debidas condiciones de igualdad. En la convocatoria de la prueba se indicará expresamente esta posibilidad.

2. Estas medidas podrán consistir en la adaptación de los tiempos, la elaboración de modelos especiales de examen y la puesta a disposición del estudiante de los medios materiales y humanos, de las asistencias y apoyos y de las ayudas técnicas que precise para la realización de la prueba de acceso, así como en la garantía de accesibilidad de la información y la comunicación de los procesos y la del recinto o espacio físico donde ésta se desarrolle.

3. En todo caso, la determinación de dichas medidas se hará basándose en las adaptaciones curriculares cursadas en bachillerato, las cuales estarán debidamente informadas por los correspondientes servicios de orientación.

4. Los tribunales calificadores podrán requerir informes y colaboración de los órganos técnicos competentes de las Administraciones educativas, así como de los centros donde hayan cursado bachillerato los estudiantes con discapacidad.

DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81, a desenvolvan.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo I do título preliminar establece os principios e fins do sistema educativo; entre os principios que o inspiran destacan a calidade da educación para todo o alumnado; a equidade, a inclusión educativa e a non discriminación; a concepción da educación ao longo de toda a vida; a flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado; a orientación educativa e profesional do estudantado; o esforzo compartido por alumnado, nais, pais ou titores e titoras legais, profesorado, centros, administracións, institucións e o conxunto da sociedade, e a autonomía para establecer e adecuar as actuacións organizativas e curriculares. Mediante eses principios trátase de conseguir o éxito escolar de todo o alumnado.

No propio título II da referida lei, dedicado á equidade na educación, establécese que as administracións educativas disporán os medios necesarios para que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, asegurando os recursos necesarios para que o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria poida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades, así como os obxectivos establecidos con carácter xeral para todas as alumnas e alumnos. Igualmente, disponse que as administracións educativas establecerán os procedementos e recursos precisos para identificar de forma temperá as necesidades educativas específicas do alumnado. A atención integral deberá iniciarse desde o momento da identificación e tendo como principios a normalización e a inclusión, e que, para facer efectivo o principio de igualdade no dereito á educación, desenvolverán accións de carácter compensatorio en relación coas persoas, grupos e ámbitos territoriais que se encontren en situacións desfavorables, tratando de evitar as desigualdades derivadas de factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole.

A diversidade, pois, é unha realidade social, e, polo tanto, unha realidade en cada centro educativo; realidade derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cada alumna e cada alumno, da singularidade de cada familia e de cada unha das profesoras e dos profesores, tamén das particularidades de cada centro e de cada comunidade educativa no seu conxunto. E a resposta educativa a esa diversidade debe concretarse en cada un dos proxectos educativos, en cada unha das ensinanzas, na coordinación docente, na personalización da educación de cada unha das alumnas e alumnos, nos recursos e medidas educativas, nos compromisos familiares e sociais e en todo o que contribúa ao máximo desenvolvemento persoal e social do alumnado e á súa preparación para convivir e participar, de forma autónoma, nunha sociedade democrática.

Concíbese a atención educativa á diversidade como o conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. Estas medidas e accións implican a toda a comunidade educativa e deben concretarse en propostas curriculares e organizativas que teñan en conta a pluralidade de todas e cada unha das alumnas e alumnos.

O obxectivo educativo de conseguir que todas as persoas acaden o máximo desenvolvemento persoal e social posible require que se lles facilite unha educación adaptada ás súas singularidades, que se lles garanta unha igualdade efectiva de oportunidades e que se lles ofrezan os recursos necesarios, tanto ao alumnado que o precise como aos centros en que se escolariza. E sendo isto necesario para a totalidade do alumnado, máis nos casos daquel que presenta necesidades educativas especiais, dificultades específicas de aprendizaxe, altas capacidades intelectuais, incorporación tardía ao sistema educativo ou unhas condicións persoais ou de historia escolar moi desfavorables. A atención deste alumnado, considerado con necesidade específica de apoio educativo na Lei orgánica 2/2006, de educación, deberá axustarse, entre outros, aos principios de normalización de servizos, de flexibilidade na resposta educativa, de prevención e de atención personalizada.

En consecuencia, ningunha circunstancia persoal ou social pode ser motivo de discriminación á hora de organizar a atención educativa do alumnado, polo que os centros educativos deberán ofrecer unha resposta que compense as diferenzas individuais de todas as alumnas e alumnos, no marco dos principios de normalización e inclusión e desde a consideración da diversidade como un elemento enriquecedor para o conxunto da sociedade. Xa se recolle no preámbulo da citada Lei orgánica 2/2006, que a educación «é o medio máis adecuado para garantir o exercicio da cidadanía democrática e un instrumento de mellora da condición humana e da vida colectiva».

Nas conclusións do Consello da Unión Europea do 12 de maio de 2009 acórdase, entre outras cousas, que a cooperación europea no ámbito da educación e da formación ata 2020 se deberá situar nun marco que recolla os seguintes catro obxectivos estratéxicos:

a) Facer realidade a aprendizaxe permanente e a mobilidade dos educandos.

b) Mellorar a calidade e a eficacia da educación e da formación.

c) Promover a equidade, a cohesión social e a cidadanía activa.

d) Incrementar a creatividade e a innovación, incluído o espírito empresarial, en todos os niveis da educación e da formación.

Este decreto establece unha relación de complementariedade co que, sobre a atención á diversidade, regulan os decretos da Comunidade Autónoma de Galicia que establecen a ordenación xeral das ensinanzas non universitarias, así como co establecido, entre outras normas, na Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos; na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor; na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal; na Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade; na Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes; na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores; na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero; na Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordo-cegas; na Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada; no Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo; no Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria; no Decreto 120/1998, do 28 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; e na Convención do 13 de decembro de 2006 sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

- CAPÍTULO I
DISPOSICIÓNS XERAIS


Artigo 1. Obxecto.

Este decreto ten por obxecto regular a atención á diversidade do alumnado, coa finalidade de facilitar o desenvolvemento persoal e social de cada alumna e alumno e o seu potencial de aprendizaxe, facilitándolles a adquisición das competencias e a consecución dos obxectivos xerais previstos nas ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

Artigo 2. Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación en todos os centros docentes dependentes da consellería con competencias en materia de educación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Concepto de atención á diversidade.

No marco deste decreto, enténdese por atención á diversidade o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.

Artigo 4. Principios xerais de actuación.

1. A atención á diversidade rexerase polos principios de normalización e inclusión; equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación; flexibilidade e accesibilidade; interculturalidade e promoción da convivencia; autonomía dos centros docentes e participación de toda a comunidade educativa.

2. A atención á diversidade abrangue a totalidade do alumnado, quen deberá contar coas medidas e recursos educativos que respondan ás súas necesidades e características persoais.

3. Nas decisións pedagóxicas, organizativas e de xestión dos centros educativos terase en conta a atención á diversidade.

4. As accións preventivas e a detección temperá terán carácter prioritario nos centros docentes, coa implicación e a participación de toda a comunidade educativa e, de ser o caso, doutras administracións ou entidades sen ánimo de lucro.

5. Na resposta educativa á diversidade priorizaranse as medidas de carácter ordinario e normalizador. As de carácter extraordinario só se levarán a cabo unha vez esgotadas as anteriores.

6. A intervención educativa basearase nun enfoque multidisciplinar e de colaboración e coordinación entre os diferentes profesionais.

7. As nais, pais ou titores e titoras legais do alumnado recibirán, de forma individualizada, a necesaria información e asesoramento respecto das características e necesidades do alumnado, así como das medidas que se deberán adoptar para a súa atención nos centros educativos.

8. A formación, a innovación e a difusión de boas prácticas na atención á diversidade serán accións que se deberán promover para a mellora continuada da calidade educativa.


NORMATIVA DE EDUCACIÓN DE ADULTOS

(Aspectos referidos ás n.e.e)

Circular 4/2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións sobra a organización e o funcionamento dos centros EPA e dos institutos de educación secundaria que impartan ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia no curso 2012/2013.

2. Oferta formativa

“Os centros deberán adaptar a súa oferta educativa para a que están autorizados ás condicións e ás necesidades do alumnado, ás posibilidades do centro, así como ao contorno”


Circular 5/2012, da Dirección Xeral de educación, Formación Profesional e Innovación educativa, para a organización e posta en funcionamento das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, nas modalidades presencial e a distancia, nos IES e centros EPA autorizados para impartilas, no curso 2013.

O Bacharelato para persoas adultas.Aspectos comúns

  1. Condicións de acceso ao bacharelato para persoas adultas

    1. Requisitos de idade

O xefe da Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá autorizar a matriculación no bacharelato pola modalidade a distancia do alumnado maior de dezaseis anos que non poida asistir regularmente a un centro iordinario por enfermidade ou impedimento físico. Para iso será necesario presentar a seguinte documentación: certificación médica oficial, informe do xefe do departamento de orientación do centro de procedencia e informe da inspección educativa.

Aspectos específicos do bacharelato a distancia semipresencial

19. Prazos e procedemento de matriculación

d) Se o número de solicitantes de matrícula excede das prazas ofertadas en cada centro, para a asignación desas prazas, o consello escolar aplicará estes criterios de preferencia, na mesma orde en que se enumera.

I. Ter cursado e superado as ensinanzas conducentes ao título de Graduado en Educación Secundaria no centro onde se solicita a matrícula o ano escolar 2011-2012.esta circunstancia será manifestada polo alumnado na súa solicitude de matrícula e acreditada polo centro.

II. Ter cursado o ano escolar 2011-2012 ensinanzas de bacharelato a distancia e recibido titorías presenciais no centro onde se solicita a matrícula.esta circunstancia aserá manifestada polo alumnado na súa solicitude e acreditada polo propio centro.

III. A discapacidade que impida ou dificulte en alto grao a asistencia á modalidade presencial. Esta circuntsancia será acreditada mediante fotocopia compulsada da certificación oficial do grao de minusvalía con descrición desta.Para a valoración deste punto, o consello escolar poderá recadar a colaboración do xefe do departamento de orientación do centro.

Orde do 24 de xuño de 2008, pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.


Artigo 38º. Medidas de reforzo


  1. Os equipos de profesores dos centros que imparten o ensino básico para as persoas adultas deberán establecer na concreción curricular do centro os criterios de promoción tanto de nivel como de módulo dentro de cada ámbito.

  2. Se no proceso de avaliación se observa que o progreso da persoa adulta non responde aos obxectivos programados, os profesores e profesoras tomarán as medidas que proceda, tanto de reforzo educativo como, de ser o caso, de adaptación curricular. Estas medidas adoptaránse en calquera momento do curso, tan pronto como se detecten as dificultades, e estarán dirixidas a garantir a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para continuar o proceso educativo.


Orde do 19 de febrero de 2009 pola que se regulan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.


Artigo 12º. Persoas con necesidades educativas especiais

1.- As persoas con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver.

2. A solicitude para a adaptación da proba dirixirase ao delegado ou a delegada provincial da Consellería de Educación e Ordenación universitaria que corresponda, durante o período de inscrición e de acordo co modelo que detalla no anexo III.

3.- A delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará se procede adoptar medidas ou facilitar recursos adicionais para cada caso, e informará a persoa interesada e o tribunal correspondente da súa decisión.

4. A presidencia do tribunal adoptará as medidas e facilitará os recursos adicionais que se determine para permitir que estas persoas poidan realizar as probas de referencia, sen prexuízo de atender ao disposto nos artigos 7º e 8º desta orde. (artigo 7º, punto 1: O obxecto das probas é valorar se as persoas aspirantes teñen adquiridos os obxectivos e as competencias básicas da educación secundaria obrigatoria que se recollen no anexo I da Orde do 24 de xuño de 2008, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).
1   2   3

similar:

Ley de Integración Social del Minusválido iconReglamento de la ley orgánica 4/2000, de 11 de enero, sobre derechos...

Ley de Integración Social del Minusválido iconComisión para la Elaboración del Proyecto de Ley de Reforma, Actualización e Integración del

Ley de Integración Social del Minusválido iconPlaza de técnico de integración social Tarragona

Ley de Integración Social del Minusválido iconDocumento de propuestas de enmiendas del sector social de la discapacidad...

Ley de Integración Social del Minusválido iconEl presente documento se redacta al amparo del Capítulo III, Título...

Ley de Integración Social del Minusválido iconLa Ley Orgánica 1/1990, de 3 de octubre, de Ordenación General del...

Ley de Integración Social del Minusválido iconBibliografía de don Luis Díez-Picazo parte I teoría general. Derecho...
Comentarios a las reformas del Código Civil. El nuevo Título Preliminar y la Ley de 2 de mayo de 1975. VV. Aa. Vol. I, Tecnos, Madrid,...

Ley de Integración Social del Minusválido iconDerecho de la integracion leccion I derecho a la Integración. Concepto

Ley de Integración Social del Minusválido iconDerecho de la integracion leccion I derecho a la Integración. Concepto

Ley de Integración Social del Minusválido iconLees onderstaande tekst en vertaal de onderstreepte woorden
«romanización» de las tribus germánicas, por ejemplo, la adopción de la ley romana que es evidente en la Lex Gothorum (Ley de los...






© 2015
contactos
h.exam-10.com